lunes, 30 de marzo de 2009

A VISTA DE PAXARO DO TEMA IV


Se falamos de traballo infantil pensamos que é algo do pasado pero non é así, aínda está presente agora. Hai grupos como a OIT que o combate con: actividades en máis de 100 países, programas de televisión, marchas, debates. cousa que é moi importante e chega a moitos fogares pero tamén podería usar outros medios de comunicación para ser máis efectivo, como, prensa, radio e sobre todo internet que move a moita xente nova así faría un maior impacto na sociedade. porque casos de traballo infantil hainos en todo o mundo aínda que non se coñezan porque para os empresarios cren que é máis barato porque non teñen contrato, non lles fan seguro, etc. Pero en realidade saelles máis caro porque se eu fose inspector de traballo falarialle de que o neno necesita vivir a súa infancia e que o que está a facier está penado coa cárcere.

A VISTA DE PAXARO DO TEMA VII


Este texto fala dun acontecemento moi interesante como é o da discriminación salarial por razón da orixe do traballador, o que quere decir que cobran máis os locais que os foráneos sobre todo en microempresas familiares.

En España os sectores nos que máis facilmente atopan traballo os inmigrantes son: o campo, hostelería, construcción e atención domiciliaria traballos que os españois deixamos como último recurso.

Afortunadamente todo ten solución botándolle un pouco de imaxinación e coa axuda de todos poderemos evitar calquera discriminación, un exemplo sería: a crea de axudas para os empresarios que contraten xente de fóra e a equiparen en todo a un traballador local; outro exemplo: poñer sancións económicas aos empresarios que contraten traballadores foráneos en baixas condicións laborais como a ausencia de contrato, seguro, baixo soldo e excesivas horas.

Hai moitas máis solucións pero temos que poñer todos da nosa parte, porque calquera día podemos ser nós os discriminados por calquera razón.